Wednesday 08 de May de 2024

Golmar e Soutullo serán as seguintes parroquias obxecto do proxecto de remuneración das vivendas en núcleos rurais


Entre as dúas parroquias incorpóranse ao padrón quince topónimos.

O Concello ten en marcha unha iniciativa dirixida a recuperar a totalidade dos topónimos das trece parroquias do municipio, o que tamén implica unha renumeración das vivendas do rural regresando ao ordenamento antigo (anos ‘90), que era máis óptimo e acorde ao correcto emprazamento de cada casa, e o reempadronamento dos veciños nos núcleos afectados.

As intervencións estanse a facer en varias fases, e recentemente vén de iniciarse a que afecta ás parroquias de Golmar e Soutullo. O Concello comezou a remitir por vía postal aos propietarios de cada inmoble as notificacións nas que se lles informa oficialmente da nova numeración e do lugar exacto no que se sitúa segundo as modificacións que se están a realizar no padrón municipal. Posteriormente, ao longo das próximas semanas en cada vivenda será instalada unha placa que conterá esa mesma información, posibilitando ademais manter unha uniformidade nos indicadores ao longo de todo o termo municipal.

No caso de Golmar, a través desta iniciativa serán incorporados ao padrón municipal dez topónimos (O Campo, Golmar do Medio, A Revolta, O Regueiro, As Camposas, O Carballo, As Orxeiras, A Rocha, A Gouxa e San Bernabé) e outros cinco na parroquia de Soutullo (Vilanova, O Melio, A Xesteira, Vente e O Fieital).

Este mesmo proxecto xa se desenvolveu nas parroquias de Caión, Coiro, Montemaior, Vilaño, Cabovilaño, Lestón e Torás. Despois de Golmar e Soutullo, as seguintes parroquias serán Soandres e Lemaio. O proxecto concluirá en Lendo e Lemaio.